Os postos do mercado ambulante da Pobra regresan á súa localización habitual

28 Abril 2021

O Concello da Pobra confirmou que o mercado ambulante volve neste mércores 28 á súa localización habitual, “ao situarse a incidencia acumulada por debaixo dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, tal e como se acordou na reunión con representantes do sector e se publicou no bando da alcaldía do 6 de abril”.

Deste xeito, os postos do téxtil e calzado que nas últimas semanas se situaban na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior) debido ás medidas adoptadas como consecuencia da evolución epidemiolóxica derivada da COVID-19 no municipio, regresan á contorna do mercado municipal.

Ademais, farano ao 100% tal e como permite a Xunta para aqueles con menos de 150 postos autorizados, sendo este o caso da Pobra.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.