O Concello da Pobra pon en marcha dous novos programas sociais

27 Abril 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha dous novos programas, que se encontran adscritos á Concellaría dos Servizos Sociais.

No pleno extraordinario do xoves, 29 de abril, falarase do crédito extraordinario ofertado para realizar ditas iniciativas. Así o expuxo a edil Amparo Cerecedo, acompañada da educadora familiar do Concello, Lidia Martínez. Segundo a concelleira, “ámbolos programas se estenderán ao longo deste 2021 e versarán sobre apoio, acompañamento e atención familiar en contornos de risco”.

Dunha banda, a Fundación Meniños desenvolverá un proxecto de atención familiar en contornos de risco, enfocado ao coidado das persoas menores de idade. Desta forma, traballarán con entre 8 e 10 familias e o equipo estará integrado por un educador social especializado en trauma.

O outro programa será levado a cabo por Enraizando e focalizarase no acompañamento individual/familiar, concretamente naquelas persoas con trastorno mental grave e patoloxía dual. Nesta liña, ofrecerán atención psicosocial domiciliaria e apoio comunitario para permitir que as persoas poidan cubrir as súas necesidades no seu propio contorno e contexto. O equipo estará conformado por dous educadores sociais e una psicóloga, que atenderán ao redor de 10 usuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.