“Novas perspectivas sobre o regulamento europeo de control de pesca”. Antón Luaces

14 Abril 2021

Aínda non está dita a última palabra sobre o regulamento europeo de control da pesca, a tenor do hoxe falado entre o Executivo galego, a Comisión de Pesca da Eurocámara e o sector pesqueiro galego afectado por ese regulamento. Queda moito por debater e a Comisión non ten présa na súa aprobación.

O eurodeputado bretón Pierre Karlenskind, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, trasladou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, que a Eurocámara non ten presa por aprobar o regulamento europeo de control da pesca dado que a prioridade está en seguir a traballar no deseño dunha normativa perfectamente adaptada ás diferentes realidades do sector e ás súas necesidades.Rosa Quintana, pola súa banda, defendeu a responsabilidade da actividade que desenvolve a frota de baixura e o marisqueo galegos e lamentou a rigorosidade do anteproxecto de regulamento europeo  de control da pesca por canto castiga, dixo, un labor que xa está ben controlado por se desenvolver preto da costa. A conselleira agradeceu a sensibilidade do deputado bretón e advertiu de que as medidas introducidas na normativa -como a instalación de cámaras, a xeolocalización ou o rexistro dixital das declaracións de desembarque- apenas supoñen melloras para o control da actividade e, en cambio, dificultan en gran medida o labor diario dos profisionais do mar, desde a frota de baixura ata o marisqueo.Neste senso, tanto a Xunta como os responsables da frota asistentes a este encontro virtual, manifestaron a preocupación e descontento xerado pola recente aprobación no Europarlamento desta proposta normativa e criticaron que as decisións adoptadas sen escoitar ao sector cheguen a xerar desconfianzas e que os profisionais do mar se afasten das institucións. Mostraron amáis o descoñecemento  existinte en Bruxelas sobre como se desenvolve o traballo a bordo das embarcacións de pequenas dimensións.A consellería do Mar apostou por mellorar o texto durante o proceso negociador no marco dos trílogos -o debate entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo- para deseñar un regulamento de control máis adaptado á realidade da frota e que non castigue ao sector.
A proposta de regulamento inclúe medidas como a videovixilancia a bordo, que  pode colidir coa intimidade do traballo e a protección de datos dos mariñeiros, a xeolocalización dos buques ou a notificación dixital das capturas antes da chegada a porto das embarcacións.Tanto a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo como outros actores do sector son máis partidarios de que tal medida sexa vontaria -cun sistema de incentivos para a súa instalación- ou obrigatoria como sancións para aqueles infractores graves da normativa, opcións que terían unha maior aceptación no sector.Este tipo de medidas -segundo Rosa Quintana- supoñen maior burocracia e non implican unha mellora substancial do control, como é o caso da xeolocalización das embarcacións de menos de 12 metros de eslora. Para Galicia é necesaria a exclusión da baixura e do marisqueo desa obriga desde o punto que o dispositivo supón un custo importante para a frota xa que se trata de profisionais ben controlados por se atopar as súas embarcacións faenando preto da costa.Compre agardar que o encontro celebrado hoxe por videoconferencia outorgue á baixura galega a oportunidade de que tanto a Eurocámara como o Consello Europeo e a Comisión Europea, teñan conta do que en realidade significa para Galicia a pesca de baixura e o marisqueo á hora de establecer normas e regulamentos que lles afecta indebidamente porque non están concedidos, realmente, para este tipo de frota.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...