Cribado en Palmeira o domingo

24 Abril 2021

O próximo domingo 25 de abril a Casa do Mar de Palmeira acollerá o cribado poboacional mediante PCR a máis de 1.100 veciños entre 15 e 99 anos. Serán citados por SMS en horario de mañá ou de tarde. O SERGAS prega asistir e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións.

Centro de Saúde de Palmeira

Este venres rematou a vacinación a domicilio da primeira dose a maiores de 80 anos inmovilizados e grandes dependientes de todas as idades na Área Sanitaria De Santiago de Compostela e Barbanza.

Desde primeiros de abril vacinaronse 3.217 persoas nos seus domicilios (deles 353 eran grandes dependentes menores de 80 anos). Nas próximas dúas semanas completarase a súa inmunización nos domicilios.

En total, o venres vacinouse a máis de 4.400 persoas nos diferentes puntos de vacunación e nos domicilios da área compostelá.

Asi no Hospital da Barbanza: 500 persoas de 60 a 65 anos); Cidade da Cultura: 3.200 persoas (de 60 a 65 anos); Hospital Clínico: 180 a grupos de risco e Centros de saúde e domicilios: 587 persoas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...