CONGALSA dá a coñecer os mellores pratos do seu Concurso de Receitas de Cociña

23 Abril 2021

CONGALSA, empresa da Pobra referente estatal e internacional en alimentación, vén de pór remate á segunda edición do seu Concurso de Receitas de Cociña, impulsado en colaboración co restaurante compostelán A Hora do Obradoiro. CONGALSA finalizou a nova convocatoria dando a coñecer os nomes dos mellores pratos realizados polos seus traballadores. Contouse coa colaboración dos prestixiosos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela, que formaron parte do xurado.

Andrés Mouzo (en categoría entrante cun Tartar de atún e aguacate) e Reyes Vidal (en categoría prato principal cun Parppadelle de salvia con alcaparras, salmón afumado e tomiño limón e en categoría sobremesa cunha Key lime pie Torta de lima dos cayos) resultaron gañadores do II Concurso de Receitas de Cociña promovido por CONGALSA entre os seus traballadores, no marco do Proxecto Persoas.

A iniciativa conxunta entre o restaurante compostelá e a empresa de produtos do mar ten a súa orixe na campaña Raña e Gaña do Concello da Pobra do Caramiñal, na que CONGALSA, ademais de agasallar unha viaxe a Disney, colaborou tamén apoiando á hostalaría e financiando seis menús de Nadal da Horta do Obradoiro.

Unha iniciativa que xurdiu no confinamento

A primeira edición deste concurso levouse a cabo o ano pasado durante o confinamento, co espírito de seguir realizando actividades no marco do Proxecto Persoas de CONGALSA, iniciativa premiada polo Club de la Excelencia en la Gestión, no ámbito de boas prácticas e na categoría de gran organización.

Nesta edición, a empresa recibiu un total de 28 receitas procedentes de persoal de distintos departamentos como Mercadotecnia, Exportación, Mantemento, Produción, Técnico, RRHH, Mellora Continua e Dirección, así como outras procedentes de familiares dos empregados.

Segundo informa a compañía alimentaria da Pobra, “cada participante enviou dúas fotografías, unha da preparación con ingredientes da súa receita e outra do resultado final”.

Os premios aos gañadores consisten nunha caixa gastronómica sorpresa elaborada pola Horta do Obradoiro.

Cando a situación sociosanitaria así o permita, desde a compañía organizarase un acto nas cociñas da Horta do Obradoiro no que os premiados poderán elaborar as receitas gañadoras e gravar un vídeo de lembranza da experiencia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...