Comezaron esta semana as actividades formativas da USC para as persoas maiores de Outes

07 Abril 2021

Esta semana comezaron en Outes as actividades formativas do programa local universitario para persoas maiores, organizado pola Universidade de Santiago e mailo Concello (a través do seu Centro Social). Trátase dunha iniciativa para veciñas e veciños de máis de 50 anos, destinada a incrementar os seus coñecementos e a súa autonomía, amais de favorecer hábitos activos de aprendizaxe.

Como dixemos, o programa é unha iniciativa conxunta entre o Goberno local e a Universidade de Santiago de Compostela. Inclúe tres seminarios e dúas visitas ao Campus compostelán.

Este 5 de abril celebrouse o curso Revisando a historia dende unha perspectiva local, da man de Raúl Soutelo, doutor en Ciencias da Educación e profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

O seguinte seminario xira arredor da arte e as técnicas teatrais, trátase do obradoiro A construción da personaxe, que se desenvolve até hoxe, 7 de abril, en horario de 16.30 a 18.00. É impartido por Beatriz Porrúa Refojo, pedagoga e colaboradora do programa universitaria de maiores da USC.

A continuación, este xoves 8 de abril, celebrarase o seminario Envellecemento saudábel, en horario de 16.30 a 18.00 horas. Imparte Víctor M. Arce, profesor titular de Fisioloxía, da Facultade de Medicina da USC.

Polo que se refire ás visitas, está prevista unha excursión á Facultade de Medicina de Santiago o día 9 de abril, con hora de saída do Centro Social de Outes ás 16.30 horas e contando coa presenza do doutor José Manuel Fernández García, colaborador do Programa Universitario para Maiores.

A seguinte visita será ao Museo Pedagóxico de Galicia, tamén en Santiago, o 16 de abril, con saída ás 16.30 horas do Centro Social de Outes. Guiará Raúl Soutelo Vázquez, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.