Comezan as obras para a substitución da tubaxe de auga na rúa Leiras Pulpeiro (A Pobra)

20 Abril 2021

Os operarios municipais da Pobra do Caramiñal comezaron, o 19 de abril, as obras para a substitución da tubaxe de auga nas Leiras Pulpeiro, algo que anunciou a Concellaría dos Servizos Municipais do Concello. A edil Estefanía Ramos (Nós Pobra) afirmou que se trata dunha actuación “moi demandada” pola veciñanza debido ao seu actual estado.

A intervención renovará as recentes roturas na tubaxe desta vía a través da apertura da gabia, a substitución da tubaxe antiga de fibrocemento dun diámetro de 100 mm por unha nova de PVC, así como a reposición total do pavimento de toda a rúa.

A obra está coordinada entre a empresa concesionaria do servizo de augas, Viaqua, que se fará cargo do custo da nova tubaxe de PVC e da súa substitución, e tamén do Concello, que correrá co gasto da apertura da gabia e reposición do pavimento, tarefas contratadas á empresa Excavaciones Nima, S.L, cun investimento de 8.518’28 euros.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.