As augas de baño da Pobra reciben a cualificación de “excelente”

13 Abril 2021
A praia dos Areos, no núcleo urbano da Pobra

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra que dirixe Genoveva Hermo (Nós Pobra) informou de que a Administración local recibiu nesta semana unha comunicación da Xefatura Territorial da Consellaría da Sanidade para notificar sobre a clasificación sanitaria final na tempada de 2020 das zonas de baño do municipio. Segundo confirmou, todas as praias valoradas reciben a cualificación de “excelente”.

Para este 2021, os areais nos que se efectuarán as probas rutineiras destinadas a coñecer a calidade das augas e avaliar a súa evolución no tempo serán os mesmos ca nas tempadas anteriores: A Barca, A Corna, Os Areos, A Illa, A Lombiña e Os Raposiños.

Os ditos controis adscríbense ao programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025 realizada pola Xunta a través da Consellaría da Sanidade, polo obrigado cumprimento da normativa europea.

O Concello confirmou que se recollerán dez mostras en cada zona de baño, nove das cales realizaranse durante a propia tempada e unha antes do seu inicio.

Así mesmo, durante o mes de xuño, o corpo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP) realizará unha inspección a cada zona de baño incluída no referido programa.

Todos estes datos destas tempadas son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental.

Tamén se pode obter información a través do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...