Pechada unha aula no Grupo de Ribeira. Permanecen tamén pechadas outra de Frións e outra en Palmeira

03 Marzo 2021

O brote de covid detectado no centro de infantil e primaria O Grupo de Ribeira manten aínda activos cinco casos. Un dos últimos enfermos obrigou a pechar esta semana unha aula neste colexio ribeirense, e poñer en corentena a todos os alumnos e profesores que tiveron contacto coa persoa infectada.
Esta é a segunda clase que queda sen actividade neste colexio por culpa deste brote que afectou tanto a alumnos como a profesores. Tamén permanecen pechadas unha aula no colexio de Frións, onde apareceu un positivo, e outra no CEIP de Palmeira, onde o número de enfermos ascende a dous.

En Ribeira hai outra persoa con covid no instituto Leliadoura, polo que a cifra total de contaxiados vinculados a centros educativos no municipio ascende a nove dos 15 que hai en toda a comarca de Barbanza.

No resto de concellos hai un caso na Pobra e Porto do Son, mentres que en Boiro e Noia hai dous.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...