O Concello de Outes e a USC organizan en abril seminarios e visitas para maiores de 50 anos

10 Marzo 2021

O Concello de Outes vai organizar, a través do seu Centro Social, un programa formativo gratuíto para maiores de 50 anos, co fin de incrementar os seus coñecementos e a súa autonomía e favorecer hábitos activos de aprendizaxe. As persoas interesadas deben anotarse no Centro Social ou no teléfono 981 850 575. O programa é unha iniciativa conxunta entre o Goberno local e a Universidade de Santiago de Compostela. Inclúe tres seminarios e dúas visitas ao Campus compostelán.

Fachada do Consistorio de Outes

Polo que se refire aos seminarios, comezan o 5 de abril coa actividade Revisando a historia dende unha perspectiva local. Será en horario de 16.30 a 18.00 horas e virá da man de Raúl Soutelo, doutor en Ciencias da Educación e profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

O seguinte seminario xirará arredor da arte e as técnicas teatrais, trátase do obradoiro A construción da personaxe, que se desenvolve entre os días 6 e 7 de abril en horario de 16.30 a 18.00 horas. Será impartido por Beatriz Porrúa Refojo, pedagoga e colaboradora do programa universitaria de maiores da USC.

A continuación, o 8 de abril, celebrarase o seminario Envellecemento saudable, en horario de 16.30 a 18.00 horas. Imparte Víctor M. Arce, profesor titular de Fisioloxía, da Facultade de Medicina da USC.

Polo que se refire ás visitas, está prevista unha excursión á Facultade de Medicina de Santiago o día 9 de abril, con hora de saída do Centro Social de Outes ás 16.30 horas e contando coa presenza do doutor José Manuel Fernández García, colaborador do Programa Universitario para Maiores.

A seguinte visita será ao Museo Pedagóxico de Galicia, tamén en Santiago, o 16 de abril, con saída ás 16.30 horas do Centro Social de Outes. Guiará Raúl Soutelo Vázquez, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

Quen queira consultar os detalles deste programa formativo e divulgativo pode facelo na web do Concello de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.