En Noia morre unha muller no Tambre e en Ribeira rescatados dous bañistas

07 Marzo 2021

Os servizos de emerxencia rescataron onte o corpo sen vida dunha muller que caeu por un desnivel nunha zona de difícil acceso na contorna do río Tambre, no concello de Noia.

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos equipos de intervención que acudiron ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Sucedeu ás 18:45 horas, momento en que unha persoa particular contactou co 112 Galicia para solicitar medios de rescate para unha muller ferida tras sufrir unha caída cando camiñaba pola senda do Tambre, na parroquia de Roo.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, aos membros do GES de Brión e do Servizo Municipal de Protección Civil de Noia.

Malia que a vítima puido ser rescatada do pequeno encoro por particulares, a actuación dos equipos de intervención foi fundamental para lograr sacar o corpo do lugar no que se atopaba, ao final dun declive de aproximadamente quince metros de pendente.

Para prestar apoio á familia da falecida, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias y Catástrofes (GIPCE).

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 avisouse tamén aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Rescate en Ribeira
Por outra banda, dous bañistas en apuros foron rescatados na pasada noite na desembocadura da lagoa entre as praias da Ladeira, en Corrubedo, e a do Vilar, en Carreira. Pese ao susto, as persoas foron axudadas a saír do lugar polos equipos de emerxencia e puideron facelo polos seus propios medios. Ambas as dous atopábanse en bo estado de saúde.

Foron os axentes da Policía Local quen chamaron ao 112 Galicia contra as nove da noite de onte para informar de dúas persoas con dificultades para saír da auga. Así, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira.

Nun primeiro momento, os equipos de rescate chegaron a informar da mobilización do helicóptero Pesca I pero, ao comprobar que os bañistas podían abandonar o lugar por terra, anularon o desprazamento da aeronave.

Desde o 112 tamén se puxo a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e da Policía Nacional.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA. Trátase dunha xornada para gozar do deporte e "sobre todo para seguir facendo da inclusión e do...

+

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.