Cultura de Noia convoca a XX edición do Certame Literario Antón Avilés de Taramancos

17 Marzo 2021

A área de Cultura de Noia achegou esta semana detalles da edición número XX do histórico e prestixioso Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. O concurso (que leva o nome dun dos grandes poetas da literatura galega de todos os tempos, natural de Noia) foi presentado polo Concello como un oportuno convite a deixar voar a nosa imaxinación, dende sempre un factor determinante para “combater adversidades”, incluídas a actuais. O certame vén cun premio de 3.000 euros ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa e a publicación da obra gañadora por parte do Concello de Noia. 🏆

Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.

O prazo de admisión dos orixinais rematará o 15 de setembro de 2021.

A área noiesa de Cultura, para as persoas que estean interesadas en participar, lembra que están dispoñíbeis as bases do certame no seu Facebook.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.