Sen cambios no tempo o luns

14 Febreiro 2021

Non se agardan cambios para o luns, con Galicia na influencia das altas presións e ventos intensos do sur. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con nubes de tipo alto que en moitos momentos non impedirán o paso do sol. Ao final do día chegará unha fronte polo oeste que deixará os ceos cubertos con chuvias na franxa atlántica co avance da noite. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente sur.

Altas presións de 1040 mb sobre o Mediterráneo occidental. Baixas presións de 984 mb ao oeste de Irlanda.Atención para luns:Ondas de máis de 4 metros ao principio e ventos de sur forza 7 en Costa da Morte.

No noso mar: Vento do sur, forza 5 a 7. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Forte marusía. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á noite e 3.5 a 4 metros á tarde.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:113.7 m
Baixamar12:200.7 m
Preamar18:303.4 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar06:033.6 m
Baixamar12:130.8 m
Preamar18:223.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:083.7 m
Baixamar12:170.7 m
Preamar18:263.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.