O Concello de Rianxo e Aquafit poñen a disposición da cidadanía unha aplicación para adestrar dende a casa

09 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo e a Piscina Municipal, xestionada por Aquafit, chegaron a un novo acordo para achegar á veciñanza unha aplicación móbil que permitirá ás usuarias e usuarios da piscina seguir coa súa actividade física e co seu adestramento mentres fiquen pechadas as instalacións deportivas (por mor da situación sanitaria actual e das restricións emitidas polo Goberno galego). A app xa foi posta a disposición da cidadanía con anterioridade, coincidindo co estado de alarma que comezou en marzo do ano pasado.

Na aplicación, que é de balde, subminístrase unha chea de clases en directo e virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira. O obxectivo é o mesmo que o do confinamento da pasada primavera: facilitar o acceso á práctica deportiva e o mantemento dun bo estado de forma física, pese ás restricións que limitan a práctica deportiva.

Para comezar a usar a ferramenta só hai que rexistrarse na páxina web beone.es/behome, obter as claves de acceso e empezar a gozar dunha vida activa e manterse en forma desde casa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.