Novas incorporacións ao servizo de reparto a domicilio de Mercarianxo

08 Febreiro 2021

O pasado 28 de xaneiro comezou a funcionar en Rianxo un servizo de reparto a domicilio para axudar ao tecido hostaleiro no grave contexto de crise económica e sanitaria actual e permitir aos establecementos, aínda que sexa dunha maneira básica e limitada, proseguir coa súa actividade. O servizo Rianxo na túa Porta, impulsado pola plataforma local Mercarianxo e outros establecementos e negocios locais, superou as súas dúas primeiras fin de semana de actividade cun éxito total de participación e implicación da cidadanía. Sen ir máis lonxe, esta finde que vimos de deixar atrás comezou coa incorporación de dous novos establecementos, o Curral do Marqués e o Bar Nova Era. Mercarianxo habilitou unha ligazón para achegar ás veciñas e veciños todos os datos dispoñíbeis.

O servizo, que ten o obxectivo de acurtar as distancias entre as empresas locais e os seus clientes, e facéndoo “de xeito seguro e controlado, está a disposición das empresas rianxeiras e dos particulares que queiran recibir deste xeito cómodo as súas compras, pedidos dun restaurante ou calquera outro recado no propio fogar.

Para contactar, as persoas interesadas poden chamar ou escribir por Whatsapp ao 633 835 911, ou ben enviar unha mensaxe ao correo electrónico rianxonatuaporta@gmail.com sen compromiso.

Outros artigos

Catro mozos rescatados tras ter problemas cunha pedaleta en Rianxo

Catro mozos foron rescatados esta tarde tras ter dificultades para regresar a terra cando navegaban nunha pedaleta na praia de Tanxil, en Rianxo. O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular ás 17:10 horas, indicando que os rapaces non conseguían achegarse á costa, xa...

+

Novo éxito de participación da feira de videoxogos Rianxo Gaming

Este sábado 5 de xullo Rianxo converteuse nun acceso directo ao mundo dos videoxogos grazas á nova edición de Rianxo Gaming, feira tecnolóxica para a mocidade (principalmente) que aborda a cuestión gamer dende unha óptica creativa, participativa e saudábel. De feito,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.