Protección Civil de Noia, O Son, Outes e Ribeira reciben tendas de campaña

04 Febreiro 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este 4 de febreiro varios concellos da provincia (beneficiados pola orde de axudas do Goberno galego para equipamentos de emerxencias de Protección Civil, AVPC, dotada con 932.400 euros) para facerlles entrega de tendas de campaña. Trátase dunha vintena de concellos, entre os que se atopan, na nosa comarca, os de Noia, Porto do Son, Outes e Ribeira, amais de Mazaricos e outros municipios limítrofes.

Esta convocatoria está destinada a reforzar o equipamento das AVPC para que poidan levar a cabo as súas intervencións e labores de prevención de riscos en condicións de seguridade e co instrumental necesario. Inscríbese no plan do Goberno galego para mellorar os medios de emerxencia dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, vén a complementar outros programas de apoio para mellorar o funcionamento das agrupacións ou a formación dos voluntarios.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.