En Outes, convocado un concurso virtual de disfraces

11 Febreiro 2021

O Concello de Outes vai realizar un concurso de disfraces de Entroido online, xa que é imposible facelo doutra maneira por mor das restricións sanitarias e as medidas actuais.

Os participantes deberán estar empadroados no Concello de Outes e poderán presentarse de forma individual ou en grupo de conviventes. O obxectivo consiste en disfrazarse e sacar unha foto.

O xurado será designado polo Concello e terá unha composición de cinco empregados/as públicos/as. Haberá 3 premios que consistirán en bonos para gastar no comercio local do municipio. O primeiro será de 150 euros. O segundo premio terá un valor de 100 euros e o último de 50 euros.

A fotografía terá que enviarse ao correo electrónico informaticos@outes.gal ou ser entregada no rexistro xeral do concello. O prazo para participar remata o 14 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mirar un niño dormido”. Mario Clavell

“Mirar un niño dormido”. Mario Clavell

Me quedé pasmado y tranquilo. Aquella niña de un día de vida respiraba en el regazo de su madre que la miraba; aquella con ojillos cerrados; esta la miraba como a cosa propia. Ver a un hombre rezar y ver a un niño dormido da paz. Experimenté hace tres días esa muestra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.