Detido un pobrense como presunto autor dun roubo

10 Febreiro 2021

A Garda Civil detivo a un veciño da Pobra do Caramiñal como presunto autor de dous delitos de roubo con forza e un delito de furto no marco da “Operación Calasband”. Operativo que se iniciou a raíz do incremento do número de roubos con forza no interior de vehículos nesta localidade barbancesa desde o inicio do ano.

cedida

Axentes da Garda Civil Civil do Posto Principal de Boiro, en colaboración coa Unidade de Seguridade Cidadá ( USECIC) da Comandancia da Garda Civil da Coruña, foron os responsables da investigación no transcurso da cal, e segundo informan desde o Instituto Armado, tras a análise da información achegada pola colaboración cidadá, das evidencias reunidas e o modus operandi dos ilícitos, lograron a identificación plena do autor dos mesmos.

Unha vez identificada esta persoa, solicitouse a colaboración da USECIC para establecer un dispositivo de vixilancia na localidade da Pobra do Caramiñal, sorprendendo ao detido cando tentaba acceder ao interior dun vehículo na rúa San Roque.

A Garda Civil detivo a esta persoa como presunto responsable de dous delitos de roubo con forza: un pola subtracción dun TPV e 1.187 euros do interior dunha furgoneta e o segundo, en grao de tentativa ao ser sorprendido polos axentes; e un delito de furto dunha carteira a un veciño desa localidade a cal contiña 100 euros en metálico e varios décimos de lotería.

A Garda Civil continúa coa investigación para o esclarecemento doutros roubos cometidos nesta localidade co mismomodus operandi. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.