A Policía Local de Rianxo efectuou 21 propostas de sancións anti-COVID dende o 25 de xaneiro

01 Febreiro 2021

A Policía Local de Rianxo compartiu este 1 de febreiro o seu balance sobre as actividades desenvolvidas recentemente polos axentes con motivo de velar polo cumprimento das disposicións para frear o contaxio e o espallamento da COVID-19. Segundo fai saber no seu informe relativo aos días comprendidos entre o 25 e o 31 do mes que vimos de deixar atrás, foron identificadas 196 persoas ao longo do devandito período e ao abeiro dos dispositivos habilitados (controis estáticos de control de peche perimetral do concello e vixilancias concretas e inspeccións en zonas comerciais e de gran afluencia de persoas).

Froito dos controis e inspeccións efectuadas cumprimentáronse entre esas datas 21 actas de proposta de sanción en materia de sanidade (15 por infraccións de mobilidade, 4 por uso incorrecto ou non uso de máscara de protección e 2 por reunións de non convivintes) ademais de detectarse 11 infraccións de tráfico nos controis de mobilidade establecidos.

Dende o 25 de outubro, o corpo policial rianxeiro efectuou 141 propostas de sanción en materia sanitaria e a sala operativa do corpo deu resposta a 1.105 chamadas de cidadáns requirindo diversas informacións por normativa COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.