A hostalería da comarca xunta forzas e estuda medidas de choque contra os gobernos central e galego

16 Febreiro 2021

O sector da hostalería da comarca leva un tempo fortalecendo os seus vínculos, compartindo unha forza común contra a adversidade da pandemia e actuando, de facto, coma unha asociación da hostalería dos sete concellos (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Lousame, Noia, Porto do Son, Rianxo e Ribeira). Este firme sentimento de unión vén de coller novas forzas esta semana, cunhas medidas de relaxamento das restricións anti-COVID que non inclúen finalmente a apertura dos establecementos, o que consideran a estocada final á súa posibilidade de sobrevivir.

O resultado disto é unha situación na que as propietarias e propietarios dos establecementos dos sete concellos recoñecen atoparse estudando a viabilidade de demandar á Xunta e ao Goberno central por estas medidas que consideran tan prexudiciais, co agravante de “ter sido mantidas durante tanto tempo”. O sector comarcal di que o feito de que non se incorpore a hostalería nas medidas de relaxación é “a pinga que reborda o vaso”, polo que piden de urxencia medidas reais e contundentes para impedir o afundimento definitivo da hostalería.

Segundo explicaron a este medio de comunicación os impulsores da iniciativa, o que se pide “non é complicado de entender”, e só hai que remontarse ao que ocorreu na costa galega xusto despois do afundimento do Prestige, unha catástrofe natural e económica que chegou a afectar a máis de 350.000 persoas e que, polo tanto, fixo que se mobilizarán axudas e recursos para armadores, buques e mariñeiros, non só para os mariñeiros. “A diferencia fundamental”, coméntanos Roi Fresco dende Ribeira, responsable actual do Bar Pequeño (Corrubedo), “é que agora só cobran os mariñeiros”. Roi tamén estima en 300 o número de establecementos que están a alzar a súa voz na comarca contra as actuais restricións e a súa prolongación no tempo, unhas restricións que non sei viron parellas, sosteñen, de medidas reais que paliasen o sufrimento das empresarias e empresarios do sector.

Por estas e outras razóns, xa anunciaron que van participar nas mobilizacións programadas os días vindeiros pola Federación Galega de Hostalería en Compostela e outras entidades, comezando pola que está fixada para o 24 de febreiro en cada concello de Galicia e incluíndo tamén a convocatoria do 13 de marzo en Santiago.

O traballo de colaboración ante a adversidade que está a desenvolver este colectivo no Barbanza (materializado principalmente a través da rede Whatsapp) sería o xermolo dunha futura asociación comarcal plenamente constituída, iniciativa que non desbotan impulsar.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.