O BNG de Ribeira pide máis implicación do Concello para deter a evolución dos contaxios

11 Xaneiro 2021

O BNG ribeirense rexistrou unha solicitude na que lle esixe ao Goberno local “poñer todos os seus esforzos en deter o aumento dos contaxios que se producen no municipio e convocar de maneira urxente a Comisión local de Seguimento da COVID-19”.

Os nacionalistas denuncian o que consideran “unha falta de información municipal” que ten, ao seu xuízo, meirande gravidade polo intre no que se dá: “Un momento en que o concello está con restricións máximas e os contaxios non deixan de aumentar”.

Segundo o concelleiro Luís Pérez Barral “non é lóxico que ningún membro do Goberno dea explicacións puntualmente no peor momento en canto a casos positivos se refire”. Para Pérez Barral o “Concello está desaparecido”, situación que, segundo explica, “contrasta co acontecido nos meses de abril ou maio nos que apenas houbo casos pero o señor Ruiz saía aos medios todos os días”. E engade: “Non hai nada peor que un gobernante que non dá a cara ante os seus veciños e veciñas e lles informa da situación de maneira clara e transparente”.

Ademais de convocar a Comisión Municipal de Seguimento da COVID-19, o BNG demanda que o Concello de Ribeira inste á Xunta de Galiza a:

· Aumentar o número de rastrexadores coa fin de que ningún caso poida quedar sen detectar.

· Realizar todas un cribado masivo se for necesario e facer as PCR que se precisen.

· Cubrir todas as prazas do persoal sanitario da atención primaria e hospitalaria.

· Reforzar o persoal da sanidade que a situación da pandemia esixe, especialmente no relativo á campaña de vacinación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.