En Outes suspendidas as actividades e pechadas as instalacións deportivas e culturais

28 Xaneiro 2021

O Concello de Outes publicou un bando no que informa das disposicións que se van adoptar estes días no termo municipal, ao abeiro das novas restricións decretadas pola Xunta para frear, nestes vindeiros quince días, o espallamento da COVID-19. Segundo recorda o Concello á cidadanía, suspenderanse as actividades presenciais de carácter deportivo, de ocio e de tempo libre organizadas polo Goberno local.

Tamén pechan ao público todas as instalacións deportivas (o Complexo Deportivo Municipal e a Piscina, os pavillóns da Serra e de Cruceiro de Roo, o Campo de Fútbol do Cunchido, o Centro Náutico do Freixo, as pistas polideportivas exteriores, etc), agás para a práctica do deporte que dependa da Federación Española.
Amais, pechan a Casa da Cultura e a Biblioteca (agás para clases de apoio a estudantes e ensaios de compañías profesionais) e todos os locais sociais municipais, e suspéndense os mercadiños e feiras.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...