En Outes, o Concello informa dos establecementos que achegarán estes días comidas para levar

27 Xaneiro 2021

O Concello de Outes está a levar a cabo unha iniciativa nas redes sociais para informar á cidadanía daqueles establecementos hostaleiros que permanecerán activos os vindeiros días de meirandes restricións (a partir deste mércores, precisamente) ofrecendo servizo de comidas para levar. O obxectivo é botar unha man aos negocios locais do sector agora que non lles vai ser posíbel desenvolver a súa actividade en condicións de relativa normalidade.

A listaxe de establecementos está suxeita a cambios, por exemplo á incorporación de novos locais que non figurasen, polas razóns que sexan, na relación orixinal. Até de agora infórmase nela do Café Antano (699 611 581), do Restaurante Montreal (981 765 108), do Bar Fraos (981 850 569), de Pizza Italia (981 850 163), da Casa Peto (981 765 024) e do Mesón O Portelo (981 851 004).

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...