As confrarías galegas alertan do “grave prexuízo” da falta de cotas e peches de pesqueiras na frota

08 Xaneiro 2021

A Federación Galega de Confrarías alertou do “grave prexuízo” que implica a diminución de cotas e o peche de pesqueiras que supoñen un “alto interese para o sector pesqueiro artesanal” de Galicia.

A entidade cita medidas como o peche provisional da pesqueira da raia mosaico para a zona IX (que afecta en Galicia desde Fisterra ata A Guarda) desde o 1 de xaneiro, sinala amais que no borrador da resolución de topes de pescada recibido polo sector o 5 de xaneiro establécese para a frota de artes menores un tope máximo de capturas de 8.000 quilos por barco ao ano e, aínda que se trata dunha proposta, lembra que o ano pasado a contía situouse nos 15.000 quilos.

En canto á cabala, advirte que se espera unha campaña excesivamente curta para a frota artesanal, tal e como vén producindo nos últimos anos (catro ou cinco días). Ademais, sinala tamén que a do bonito é tamén “cada vez máis curta” porque hai máis buques que se desprazan a pescar esta especie #ante a imposibilidade de ter outras coas que traballar.

Desde a Federación Galega de Confrarías amosan a preocupación do sector e instan á administración española competente a que defenda a pesca como un sector esencial desde a perspectiva social e económica de Galicia e de España.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.