Outes entregou os premios do concurso O noso Nadal

30 Decembro 2020

O concurso O noso Nadal, promovido polo Concello de Outes coa intención de espallar a creatividade e o uso do galego mediante microrrelatos e postais de Nadal, deu a coñecer este mércores 30 os seus gañadores. Kiara Pastoriza, Pepa Nieto, e Romina Camaño foron galardoadas na categoría de postais, e Antón Nieto, Ángela Lago e Emilio Vázquez recibiron o premio polos seus microrrelatos.

Deste xeito, o concurso posto en marcha dende o Servizo de Normalización Lingüística permitiu ós máis cativos e máis adultos dar pé a súa creatividade e imaxinación, para converter esta iniciativa nunha actividade interxeracional.

Tódolos gañadores recibiron un lote de produtos e libros en galego como premio e nas categorías superiores repartíronse 300 euros en bonos para gastar no comercio outense. Ademais, todas as postais serán expostas na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.