Outes activa un certame de microrrelatos e postais para estimular a creatividade da veciñanza e impulsar o galego

01 Decembro 2020

O Concello de Outes puxo en marcha un certame para dar impulso ao uso de galego ao tempo que se estimula o talento creativo da veciñanza, poñendo o foco na xente nova (aínda que se convoca a cidadáns de todas as idades) e garantindo, ao mesmo tempo, a seguridade sanitaria nestes complexos tempos da COVID-19. Trátase do concurso de microrrelatos e postais O Noso Nadal, habilitado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

O alcalde de Outes, Manuel González, explicou que mediante o concurso preténdese “favorecer a creatividade entre os máis cativos da casa pero tamén entre a xente adulta”, pois hai diferentes categorías que abranguen a toda a poboación. González López lanzou un convite xeral á participación, pois “haberá algúns obsequios e máis de 300€ en premios que se poderán gastar no comercio local”. Con esta medida, engadiu, “pretendemos fomentar o consumo local e tamén seguir contribuíndo a que as compras do Nadal se fagan no comercio de proximidade”.

Pola súa banda, o técnico de normalización lingüística, Luís Pérez Barral, debullou as bases e o obxecto do concurso, no que “ademais de promover o uso do galego entre a poboación en xeral, e entre a mocidade e a infancia, en particular, preténdese involucrar aos pais, nais, avós e avoas para que sexa unha actividade interxeracional”.

En relación ao contido das bases, desde o SNL indicaron que no concurso de postais poderá presentarse un máximo de 2 traballos, cunha mensaxe en galego dun máximo 50 palabras e dividido en tres categorías; 1ª até sete anos, 2ª de oito a once e a 3ª de 12 anos en diante. No caso do concurso de microrrelatos, cada persoa poderá contribuír cun único traballo en lingua galega que terá un máximo de 250 palabras e dividido en dúas categorías; 1ª até 11 anos e 2ª de 12 anos en diante.

As persoas interesadas poderán entregar os traballos na Casa da Cultura da Serra de Outes até o 22 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.