O delegado da Xunta comproba os traballos de mellora turística desenvolvidos en Outes

16 Decembro 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou este mércores 16 unha das actuacións desenvolvidas na nosa comarca en materia de posta a punto de infraestruturas turísticas. Trátase da sinalización dos recursos naturais e patrimoniais vencellados ás rutas existentes no concello de Outes, unha actuación que contou cunha achega da Xunta (máis de 25.000 euros) e do Goberno local e que tivo un custe de case 39.000 euros.

Na visita a Outes o representante do Goberno autonómico informou que cinco concellos da comarca do Barbanza e a Mancomunidade Arousa Norte foron os beneficiarios das achegas que o Goberno galego reserva para impulsar actuacións de posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística do rural con máis de 125.000 euros, en 6 obras que mobilizaron máis de 208.000 euros en colaboración coas administracións locais.

Sufragáronse, entre outras, accións, engalanado dos accesos e bens declarados de interese cultural, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos ou recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, entre outras, co que “se pretende seguir impulsando Galicia como un destino fiábel e de calidade, potenciando os valores que caracterizan o modelo turístico galego e que cobran especial importancia no contexto actual, como a natureza, a paisaxe a enogastronomía ou o Camiño de Santiago”, dixo o delegado.

Trenor lembrou tamén que este ano a Xunta concedeu axudas por preto de 1,2M€ a 43 concellos galegos e 70 particulares para acometer accións de mellora paisaxística ao longo do Camiño de Santiago. Esta liña de subvencións enmárcase no Plan de Embelecemento da Ruta Xacobea e, en virtude da mesma, o Goberno galego financia o 75% das intervencións propostas polos beneficiarios, entre as que figuran actuacións en elementos que xeren un impacto visual nos distintos itinerarios ou a restauración de bens do patrimonio etnográfico galego.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.