Na Pobra a música e a solidariedade serán as protagonistas no 27 de decembro

15 Decembro 2020

A Pobra do Caramiñal será escenario dunha cita musical e solidaria no 27 de decembro cos concertos organizados pola Banda Ateneo Musical da Pobra en colaboración co Concello, a través da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo. O evento transcorrerá no Elma e as prazas son limitadas, polo cal as persoas interesadas en asistir deberán formaliza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 678895933.
A primeira función será ás 18.00 horas e a segunda terá lugar ás 20.30 horas. A vertente solidaria vén marcada pola recollida de alimentos, pois cada persoa que asista deberá entregar un quilogramo de alimentos.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.