Este venres inaugúrase a mostra Son Agasallo en Rianxo

03 Decembro 2020

Da man da Área de Cultura do Concello de Rianxo, vai facer recalada no Auditorio Municipal a exposición Son Agasallo. Artesanía en Madeira. A mostra poderá verse entre o 4 de decembro e o día 26 do mesmo mes.

O acto de apertura, con visita guiada a cargo dos artesáns autores das obras expostas, celebrarase este venres 4 de decembro ás 12.30 horas. A exposición, que conta con homenaxes á cultura e á tradición rianxeira (por exemplo tallas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), vén da man do Concello de Rianxo e conta coa colaboración da Deputación Provincial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.