A Policía de Rianxo denunciou a 15 persoas por non respectar o peche perimetral de Boiro

21 Decembro 2020

A Policía Local de Rianxo informou de que a pasada de fin semana intensificáronse os controis relativos ao cumprimento das medidas sanitarias establecidas fronte á COVID-19, ante “o aumento de casos positivos nesta localidade”. Ao abeiro deste incremento dos dispositivos, vixiouse especialmente o control do peche perimetral de Boiro e inspeccionáronse establecementos hostaleiros e terrazas por todo o concello.

Froito destas tarefas extra de control tramitáronse un total de 15 denuncias por infraccións ás limitacións de mobilidade, das cales tres correspondéronse con persoas da localidade de Boiro que foron identificadas cando se atopaban consumindo nun establecemento hostaleiro en Rianxo.

Nun destes controis interceptouse a dúas persoas da localidade de Boiro que circulaban nunha furgoneta sen xustificar o desprazamento, comprobándose que no vehículo transportaban marisco “sen a documentación oportuna”, procedéndose á instrución das denuncias administrativas e ao comiso do vehículo, marisco e útiles empregados a disposición do servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.

A Policía Local de Rianxo tamén levou a cabo 15 probas de alcoholemia e procedeu a denunciar administrativamente a tres condutores que deron positivo na proba de drogas, instruíndose ademais un atestado ao xulgado por negativa a someterse ás probas de detección e síntomas evidentes.

Dende que se estableceron estas medidas, tramitáronse un total de 65 denuncias.

Os axentes engaden que durante as vindeiras datas e festividades do Nadal continuarán intensificando a vixilancia sobre as medidas sanitarias e tamén realizando controis de alcohol e drogas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...