A Policía Autonómica realizou dispositivos anti-COVID en Ribeira, Boiro e A Pobra

23 Decembro 2020

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo, durante esta fin de semana do 18 ao 20 de decembro, 32 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola COVID-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 12 concellos da provincia na pasada fin de semana, entre os que se incluíron Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Saldáronse coa identificación de 25 persoas e a tramitación de 27 actas de infracción.

Os dispositivos tamén cubriron Arteixo, Carballo, A Coruña, Ferrol, A Laracha, Narón, As Pontes, Santiago de Compostela e Teo.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 126 dispositivos en 43 municipios cun total de 250 inspeccións, con máis de 226 persoas identificadas e 65 denuncias tramitadas.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á COVID-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.