A costa galega volve á alerta este luns por temporal de vento e ondada

06 Decembro 2020

O litoral galego volverá estar en alerta por temporal costeiro este luns, no que se esperan fortes ventos e ondada en toda a costa, especialmente na provincia da Coruña e na Mariña de Lugo.

O aviso será laranxa onde se espera mar de fondo con ondas de cinco a seis metros a partir da madrugada do luns.

Meteogalicia, que mantén o aviso amarelo para a montaña de Lugo e Ourense pola acumulación de neve, que caerá este luns por encima dos 1.000 metros.

O aviso laranxa na costa manterase ata o mediodía do luns, cando se rebaixará á alerta amarela na que estará desde a medianoite do domingo as Rías Baixas por mar de fondo con ondas de catro a cinco metros. Con todo, para o martes está previsto unha nova xornada de fortes ventos e ondada en todo o litoral que volverá activar os avisos meteorolóxicos.

En canto o luns non se agardan cambios significativos xa que Galicia segue na influencia das borrascas con aire frío en altura. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve comezará nos 1300 metros e irá en progresivo descenso ata quedar nos 1000-1100 metros na madrugada. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará forte de compoñente oeste.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...