Os hostaleiros da comarca de Barbanza propoñen novas iniciativas para axudar ós veciños

11 Novembro 2020
Interior da Cafetería Puzzle de Boiro

A moitas familias da comarca, a crise do coronavirus pillounas por sorpresa. Así, os hostaleiros de Barbanza intentan botarlles unha man coa implantación de novas iniciativas nos locais. Por exemplo, na Cafetería Puzzle, en Boiro, regalan por dúas consumicións quentes (café, té ou infusión), unha barra de pan, un litro de leite, un quilo de arroz, un quilo de pasta ou un quilo de legumes. Elena Soler, unha das traballadoras deste establecemento, fala de que “estanse potenciando moito as redes sociais, xa que cada día sóbense promocións novas.” A empregada recorda tamén que “dende hoxe, coa compra de 4 Red Bull, os clientes pódense levar 1 pizza barbacoa gratis”.

Iniciativas como esta, fanse para que os veciños da comarca saian da casa e consuman. Pois ben, aos hostaleiros preocúpalles o futuro dos seus establecementos pero, a maiores, a saúde dos seus compañeiros e habitantes da zona.

Con todo, os donos dos restaurantes seguen a estar preocupados por se teñen que pechar. Moitos deles, pensan que de ser así, pedirían un préstamo ICO e o utilizarían para salvar o negocio. Sen embargo, outros son dos que opinan que, nese caso, a mellor opción sería pechar e esperar.

Porén, o futuro das súas familias depende deles e dos consumidores. As medidas ditadas polo Goberno español relacionadas coa hostalería, provocan a saída de moitos profesionais á rúa como símbolo de protesta. Na comarca de Barbanza, os hostaleiros xa demostraron que xuntos poden lograr moitas cousas e que a unión existe, pero seguen agregando que as terrazas coa metade da súa capacidade non son a solución, xa que en Galicia non se ten garantido o bo tempo, nin sequera en verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...