O alfombrismo galego loce creatividade en Rianxo

23 Novembro 2020

A Biblioteca Municipal de Rianxo, ao abeiro do primeiro Foro de Alfombrismo de Galicia, Patrimonio Inmaterial (organizado pola asociación rianxeira Ondiñas Mainas), acollerá este mes e parte do seguinte unha exposición itinerante sobre a tradición alfombrista das nosas vilas e cidades. Poderá visitarse até o 8 de decembro.

A exposición, visitábel partir deste martes 24 no andar baixo da Biblioteca Municipal, inclúe imaxes de creacións previas á chegada da pandemia e imaxes de tapices virtuais feitos durante a crise sanitaria. Tamén se mostran contribucións realizadas polas asociacións que integran a Federación de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (FAGAARTE) con motivo da celebración do Corpus deste ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...