A Deputación da Coruña dá luz verde ás obras que rematarán a avenida de San Campio, en Outes

19 Novembro 2020

A Deputación da Coruña anunciou este xoves 19 que investirá 420.008 euros no remate das obras de humanización de avenida de San Campio, en Outes, que foron paralizadas en 2016 debido, segundo recordou a entidade provincial, “ao incumprimento do proxecto por parte do contratista”. Precisamente foi aprobado este mércores pola Comisión de Vías e Obras o proxecto técnico que tivo que elaborarse con motivo do tempo transcorrido dende a dita interrupción e co gallo de introducir melloras sobre o plan orixinal.

A Deputación fixo saber que as obras contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona mediante a construción de beirarrúas e a dotación dunha nova capa de rodaxe no tramo da DP 5604 que discorre entre o inicio da estrada e o PQ 0+340.

O proxecto inclúe ademais a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais, e canalización do alumeado, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. “Estas novas redes de servizos”, engadiu a Deputación, “emprazaranse baixo as beirarrúas no caso do saneamento, abastecemento e alumeado e baixo as zonas de aparcamento no caso da rede de pluviais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.