9 falecidos eleva a 856 os mortos en Galicia pola COVID-19. Santiago rexistra 388 casos activos. Os hospitalizados suben a 55 na área sanitaria

22 Outubro 2020

A Consellería de Sanidade notificou este xoves 9 falecidos pola Covid-19 en Galicia, tres deles relacionados con residencias de anciáns, co que xa son 856 as vítimas mortais. Os falecidos na área sanitaria Santiago-Barbanza son un home de 95 anos e outro de 71 que se atopaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Segundo informa Sanidade a área Santiago-Barbanza rexistra 55 hospitalizados, 7 ingresados en UVI. Actualmente hai 891 positivos e 128 falecidos.
A capital galega rexistra 388 casos activos e que sitúa á cidade en 330 casos por cada 100.000 habitantes.

A taxa na cidade de Santiago é aproximadamente a media de España e, no caso da maior taxa, trátase dun índice máis alto que a media de España e da media de Galicia.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.