Rianxo acompañará a apertura dos cemiterios, o primeiro de novembro, de estritas medidas de seguridade

23 Outubro 2020

O Concello de Rianxo achegou un comunicado sobre a celebración do primeiro de novembro, Día de Tódolos Santos, e as disposicións previstas para garantir a seguridade sanitaria e maila orde emitida pola Consellería de Sanidade esta mesma semana (unha orde que restrinxe as reunións de persoas a un máximo de cinco). Segundo fixo saber o Goberno local, os cemiterios do termo municipal ficarán abertos na devandita data, aínda que esta apertura virá acompañada de estritas medidas de seguridade que garantan o cumprimento da nova orde de Sanidade: será obrigatorio o uso de máscaras, limitaranse as reunións a un máximo de 5 persoas (agás convivintes), manterase o distanciamento e restrinxirase o aforamento dos camposantos a un máximo de 50 persoas.

O Concello tamén fixo saber que a xornada festiva virá acompañada dun dispositivo especial para a vixilancia e control, no que tamén participará o corpo de Protección Civil de Rianxo. O Goberno local aproveitou o comunicado para lembrar á veciñanza e aos visitantes a necesidade de respectar as medidas de seguridade e colaborar, deste xeito, a pór freo ao espallamento da pandemia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...