O boirense de adopción Emilio Vázquez presenta en Ribeira, este venres, o seu debut literario

22 Outubro 2020

Emilio Vázquez Fernández, natural de Compostela e afincado en Boiro, vai presentar este venres en Ribeira a súa estrea no ámbito editorial: o libro 50 anos de mentiras, unha obra editada por Letrame que supón o debut literario do santiagués e, en palabras do propio autor “un soño da adolescencia finalmente cumprido”. No acto, que se vai desenvolver no Centro Cultural Lustres Rivas a partir das 20.00 horas, estarán presentes, acompañando a Emilio Vázquez, a tenente alcalde de Ribeira, María José Sampedro Fernández, e, Alicia Padín Otero, responsábel da área de Normalización Lingüística do Concello.

O autor, nacido no ano 1969, é funcionario como axente do SVA desde o ano 2005. Durante a súa mocidade cursou estudos de Náutica e comezou a sentir devoción pola escritura, pese a que é agora cando cumpre o seu soño de publicar un libro. Asegura ser un apaixonado da historia, a arte e, sobre todo, un namorado da súa familia: a súa muller e filla.

Segundo fai saber, 50 anos de mentiras naceu como “unha válvula de escape” durante o confinamento, “unha etapa complicada a nivel emocional” que lle concedeu, malia adversidade, “unha sensibilidade á hora de escribir”. O libro, que transcende calquera xénero ou formato no que queiramos incluílo, contén poemas e relatos en prosa, ademais de reflexións e observacións sobre distintos aspectos da vida e a natura humana, así como o pensamento persoal do autor en problemas sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.