Na Pobra retiradas varias palmeiras por mor do picudo vermello

06 Outubro 2020

Esta mañá procedeuse á retirada de varias palmeiras de competencia municipal afectadas polo picudo vermello –Rhynchophorus ferrugineus-. Trátanse de exemplares situados nos Xardíns Valle-Inclán e na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.

A dita medida tamén está motivada debido a que, ante o mal estado que xa presentaban por mor da praga, podían representar un perigo para as persoas en condicións meteorolóxicas adversas. Estas árbores son uns dos distintivos máis emblemáticos dos Xardíns Valle-Inclán, ademais de antigas.

A actuación xestionouse dende a Concellaría dos Servizos Municipais, mediante a contratación dunha empresa externa para a realización das tarefas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.