BASES
- Estabelécense para o citado concurso catro categorías: unha adolescente, dirixida a persoas de entre 12 e 16 anos de idade; outra xuvenil, para persoas de 16 a 30 anos de idade; a categoría adulta, para persoas de
máis de 30 anos e a categoría diversa, dirixida a persoas con discapacidade de máis de 16 anos e convidadas dende a organización (terase en conta a idade no último día do prazo de presentación). - Os traballos realizaranse en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 1000 palabras (sen incluí-lo título) e cunha temática que trate sobre a violencia, en tódalas súas expresións, exercida sobre as mulleres; a igualdade entre mulleres e homes; as súas liberdades e diversidades sexuais; e todo aquilo relacionado coa temática.
- Lugar de presentación: os traballos serán enviados á Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS), ó seu enderezo electrónico coordinador.abas.asoc@gmail.com Nun documento, en formato PDF,
enviarase o citado traballo, que virá asinado cun pseudónimo ou alcume (deste xeito garántese que o xurado descoñeza a autoría); noutro documento, en formato PDF ou Word, achegarase o nome do traballo, nome e apelidos, documento de identificación, data de nacemento, enderezo electrónico, enderezo postal e teléfono.
Recibirase a confirmación. - Prazo de presentación: o prazo de presentación remata no día 12 de novembro do ano 2020.
- O xurado estará formado por catro persoas con coñecementos en materia de xénero e literatura.
Será competente para resolver aquelas cuestións que non estean recollidas nas bases. - Os premios serán os seguintes:
-Categoría diversa: 1.o premio, un vale de 90€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e 2.o premio de 60€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié -Categoría adulta: 1.o premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié
-Categoría xuvenil: 1.o premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié
-Categoría adolescente: 1.o premio, un vale de 80€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié; 2.o premio de 40€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de
libros da Fundación Barrié - As persoas que presenten traballos a este concurso declaran ser responsábeis da autoría e orixinalidade destes.
- AABAS e/ou o Concello da Pobra do Caramiñal reservan para si o dereito á publicación e difusión dos traballos.
- A presentación ó citado concurso supón a aceptación e conformidade coas citadas bases.