Chega á Pobra unha mostra de Playmobil que reivindica xeitos máis creativos e imaxinativos de xogar

09 Setembro 2020

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, na Pobra do Caramiñal, acollerá este mes de setembro (do día 10 ao 30) unha nova exposición titulada Lembranzas da miña infancia. Esta mostra do coleccionista Santiago Vázquez atópase formada por máis dunha centena de xoguetes Playmobil escenificados.

Segundo informa o Concello, a maioría das pezas datan da década de 1970 e clasifícanse en diversas temáticas: bélica, época vitoriana ou contemporánea, entre outras. O Concello tamén salienta que algúns dos elementos son “exclusivos ao estaren feitos e pintados á man”.

O obxectivo da instalación é, en palabras do autor, “transmitir ás xeracións máis novas como xogaban as persoas da súa idade, cando non existía tanta tecnoloxía aplicada ao ocio”. Tamén pon o foco o autor na importancia de que as e os proxenitores pasen tempo de lecer coas súas crianzas e, segundo as súas palabras, “os Playmobil constitúen unha boa maneira de xogaren en conxunto grandes e pequenos/as”. As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 e de 18.30 a 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.