Proseguen os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas da comarca de Noia e Fisterra

22 Agosto 2020

A Xunta continúa os traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das comarcas de Noia, Fisterra, Ferrol, Terra Chá e Ourense.
A vindeira semana seguirá o desenvolvemento destas tarefas en estradas como a AC-554, en Outes; a AC-445, en Corcubión, Cee e Fisterra; na VG 1.2, en Ares e Mugardos; na CG 2.2, en Lugo e no Corgo; ou na conexión da autovía A-52 coa N-525, en San Cibrao das Viñas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando dende maio o acondicionamento nas franxas de dominio público en máis de 30 vías autonómicas das catro provincias, para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas actuacións xa se levaron a cabo nas marxes de vías autonómicas da provincia de Ourense e nas contornas da Mariña luguesa, do Baixo Miño, Vigo ou Ferrol. As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.