Paisaxes Sonoras decide adiar, por mor da choiva, a actuación de Carlos Blanco en Rianxo, programada para este sábado 15 de agosto

13 Agosto 2020

O Pazo de Rianxiño terá que esperar. A dificultade de celebrar o espectáculo no exterior do Pazo de Rianxiño, merma a posibilidade de conxugar contorna e cultura, que é o principal obxectivo da celebración do Paisaxes Sonoras. Este ciclo nace precisamente coa intención de poñer en valor a riqueza do patrimonio dos catro concellos que forman parte da Mancomunidade Barbanza Arousa, polo que as circunstancias climatolóxicas adversas esperadas para esta fin de semana, imposibilitan totalmente a súa celebración.

A nova data

Mantendo o aforo máximo de 50 persoas e baixo as estrictas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19, o concerto adíase ao domingo 23 de agosto, no mesmo emplazamento (Pazo de Rianxiño-Rianxo) e a mesma hora (19 h apertura de portas, 20 h comezo do espectáculo). As entradas xa adquiridas serán válidas para a nova data sen necesidade de facer ningún cambio. No caso de solicitar a devolución, deberase facer a través da plataforma eventbrite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.