Chamada a doar sangue, en especial dos grupos 0- e A+

12 Agosto 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ( ADOS) chama á cidadanía para participar na campaña de doazón de sangue ‘Verán 2020’ e, en especial, ás persoas dos grupos sanguíneos Cero negativo (0-) e A positivo (A+).

Segundo informou ADOS, as reservas dos grupos 0- e A+ presentan niveis baixos, polo que ve “necesario reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue”. En concreto, aínda que nestes días “é necesario aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos”, incide ADOS en facer “especial mención” aos grupos Cero negativo e A positivo.

Así mesmo, ADOS lembra que os hospitais galegos necesitan mensualmente sobre 10.000 doazóns de sangue, unha cifra que “non diminúe no verán”, advirte, senón que o período estival “presenta dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón” por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, “especialmente pola deslocalización dos doantes”. Ademais, incide en que as datas anteriores e posteriores ás festividades, coincidentes coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.

Co fin de contar coa “positiva resposta da cidadanía” ao seu chamamento solidario, ADOS desprazará ata dez unidades móbiles no próximos tres días a unha vintena de concellos das catro provincias galegas.

En Palmeira mañá dia 13 a UNIDADE MÓBIL estará no PEIRAO (LUGAR DE
EITON) de 16:00 – 21:00

En Noia o venres 14 a UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CONCELLO de 10:00 – 14:00 a 16:00 – 21:00

En Boiro o venres 21 a UNIDADE MÓBIL na PRAZA DO CONCELLO de
10:00 – 14:00 e 16:00 – 21:00

Tamén en Boiro o sábado 22 a UNIDADE MÓBIL na PRAZA DO CONCELLO
de 10:00 – 15:00

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.