As bibliotecas de Rianxo, A Pobra e Noia participan en #BiblioVeranEnGalicia

05 Agosto 2020

Tres bibliotecas municipais das nosa comarca están a participar estes meses na iniciativa #BiblioVeranEnGalicia, un convite a descubrir a nosa terra a través dos libros e das recomendacións (e viceversa: descubrir lecturas a través da nosa terra). Trátase, máis en detalle, de compartir cos internautas as recomendacións das bibliotecas para animalos a coñecer os nosos concellos con recunchos de lectura, paisaxes, tradicións, gastronomía, arte, historia e lendas.

Participan, nosa nosa comarca, as bibliotecas de A Pobra do Caramiñal, Noia e Rianxo. En total, teñen presenza un total de 21 bibliotecas de toda Galicia.

A actividade púxose en marcha o pasado 23 de xuño e foi unha nova mostra de colaboración entre as #bibliotecasmunicipais de Galicia (un capítulo máis dun fortalecemento colaborativo que colleu forza coa pandemia), co fin de ofrecer ás persoas usuarias da rede novas propostas conxuntas.

Ao abeiro da iniciativa, todos os días (de luns a venres) ás 12:00 h. achégase unha publicación co cancelo #BiblioVeranEnGalicia co que cada biblioteca participante dá a coñecer as características máis representativas do seu concello a través dos libros. “Con esta iniciativa queremos promover o turismo pola nosa terra durante este verán, animando a coñecer todos os recunchos que aínda nos quedan por descubrir”, explican no manifesto conxunto da iniciativa, que é, un xeito moi acaído de resumir e explicar a esencia dun territorio concreto, a historia, a xente, a paisaxe e a natureza do concello onde vivimos, a través dos libros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...