Galiza Nova denuncia o ataque LGBTfóbico á bandeira pintada na Pobra

01 Xullo 2020

O mural, logo do ataque

A mocidade na comarca do BNG, o colectivo Galiza Nova, denunciou este primeiro de xullo un ataque LGBTfóbico na Pobra do Caramiñal, onde o mural realizado hai uns anos pola agrupación, con motivo do Orgullo, foi atacado nun xesto de “vandalismo e profunda intolerancia”, co agravante de que coincide no tempo coa celebración do Día Internacional pola Diversidade (este 28 de xuño) e das actividades de reivindicación que se están a levar a cabo en todos os nosos concellos.

A bandeira na Pobra, antes do ataque

Segundo a responsábel comarcal da organización, Diana Lixó, “as persoas LGBT enfrontámonos a agresións constantes diariamente, dende brincadeiras ‘inocentes’ ata ataques directos desde organizacións e institucións”. Lixó engadiu que ante este grave problema de intolerancia, do que o suceso da Pobra é só un exemplo, é preciso que sexamos activistas durante os 365 de anos, e non só en campañas electorais ou en celebracións puntuais: “Cómpre condenar a actuación de certos grupos políticos coma o Partido Popular ou Ciudadanos neste eido, que en días coma o do Orgullo se envolven coa nosa bandeira cando o resto do ano promoven políticas que limitan a nosa liberdade; non precisamos máis pinkwashing desde as institucións”.

As mocidades do BNG consideran necesario promover “unha educación sexual digna nos colexios, que eduque ás nosas crianzas libres de prexuízos moralistas”; e tamén “unha actuación clara contra o bullying que sofren nas escolas as adolescentes LGBT+, que nos casos máis dramáticos remata incluso co suicidio”.

Desde Galiza Nova declaran que “non van permitir a LGBTfobia, polo que animan a toda a mocidade galega a “se organizar para facer fronte a esta, para construír coas nosas propias mans a Galiza da diversidade, a Galiza na que poder sermos libres.”

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.