A nena Noa Domínguez (A Pobra) foi unha das gañadoras do Premio Arquitectura para un Mundo Mellor

15 Xullo 2020

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia vén de fallar o seu primeiro Premio Arquitectura para un Mundo Mellor, un certame convocado no mes de maio para axudar ás novas xeracións a descubrir a importancia da arquitectura para fomentar e asegurar a calidade de vida na nosa sociedade. Baixo o lema A vivenda ideal, participaron 335 nenos e mozos de ata 18 anos que presentaron un debuxo ou imaxe orixinal, realizado con calquera material ou técnica. Entre as gañadoras estivo Noa Domínguez Diz, da Pobra do Caramiñal, na categoría de até cinco anos. Impúxose co debuxo Casa de cores.

Os restantes galardóns repartíronse entre os concellos de Santiago, A Coruña, Ames, Ferrol e Lugo. O xurado, composto por recoñecidos debuxantes, valorou a expresión gráfica, a orixinalidade e a calidade artística ou dificultade técnica en función da idade, desde os debuxos máis frescos dos infantís até os traballos máis interesantes dos maiores.

A entrega de premios celebrarase en Santiago nos meses de outono, en función da evolución da pandemia da COVID. Na páxina web do certame, podemos consultar a listaxe completa das premiadas e dos premiados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.