Boiro e O Son súmanse á campaña Ser e Sentir a prol da diversidade de xénero, na que participa arreo a nosa comarca

10 Xuño 2020

O Concello de Boiro e o de Porto do Son vén de comunicar a súa adhesión á campaña Liberdade de Ser e Sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña, a través de Políticas de Igualdade, con motivo do Día da Diversidade Sexual que se celebra o vindeiro 28 de xuño. O de Boiro é un dos máis de 50 concellos e entidades que se sumaron á campaña provincial para avanzar na sensibilización e no respecto sobre a igualdade das persoas. Pola nosa comarca, tamén xuntaron forzas na iniciativa os Concellos de Porto do Son, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Noia e Lousame.

Esta iniciativa, que se vai levar a cabo a través das redes sociais, ten como obxectivo ofrecer contidos que fomenten a tolerancia ante diversas orientacións sexuais e identidades. Durante este mes, iranse compartindo a través das comunidades online contidos audiovisuais centrados nos dereitos do colectivo LGTBI+, nos que especialistas e activistas falarán no relativo ao deporte, a infancia e a adolescencia, os medios de comunicación ou a literatura. Todos os contidos poden seguirse durante este mes a través das redes sociais do Concello de Boiro, o cancelo #seresentir ou a web seresentir.gal, que é a páxina propia do programa da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.