Melloras en seis centros educativos da comarca

18 Xuño 2020

A Consellería de Educación licitará melloras en sesenta e cinco centro educativos de Área de Compostela por importe de 6.004.461 euros, entre eles en media ducia da comarca do barbanza. Farao ao amparo do recente Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dous Centros Educativos, que foi presentado no Consello da Xunta e que se prevé licitar este mes para compatibilizar as obras durante o próximo curso 2020-2021.

Entre as actuacións máis destacadas, figuran as reformas integrais, elevándose a 4,5 millóns (o 75% do total). Precisamente, constan entre eses proxectos globais o IES Campo de San Alberto (Noia), sen esquecer neste apartado as obras de eficiencia enerxética e acondicionamento dos CEIP de Palmeira e Heroínas de Sálvora, ambos en Ribeira.

Referidas á substitución ou mellora de cubertas haberá intervencións no CEP Salustiano Rey da Pobra (70.415 €) e CEIP de Palmeira, en Ribeira (1.500 €); Así mesmo, inclúense cambios en luminarias e instalacións eléctricas no patio cuberto do CEIP Praia Xardín de Boiro (20.000 €); instalación de luminarias exteriores no IES Leliadoura de Ribeira, máis reparación do seu transformador e alarma (24.386 €).

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.