Galiza Nova pon na praza do Centenario de Ribeira unha bandeira pola diversidade sexual

30 Xuño 2020

Galiza Nova achegou á nosa comarca, a través dun concorrido acto reivindicativo, as cores dunha nova bandeira a prol da diversidade sexual. Fíxoo este martes 30 de xuño, ao abeiro das iniciativas de celebración do Día Internacional da Diversidade Sexual. As mocidades do BNG penduraron a bandeira LGBT+, ven visíbel, na praza do Centenario. Contaron coas intervencións políticas de Diana Lixó, responsable comarcal de Galiza Nova na bisbarra, e Rosana Pérez, candidata ao Parlamento Galego.

Rosana Pérez, na súa intervención, lembrou as propostas concretas que recolle o programa do BNG en materia de diversidade afectivo sexual: o impulso dunha nova lei galega que garanta os dereitos do colectivo LGBT+, “apostando pola sensibilización desde idades temperás”; a prevención do acoso nos ámbitos escolar, administrativo e laboral; e a visibilización da diversidade”.

A candidata avogou por unha nova lei galega de identidade de xénero “para avanzar na despatoloxización do colectivo transexual, atendendo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, e con medidas concretas tamén no ámbito sanitario”.

Diana Lixó salientoui que “queremos vivir nunha Galiza soberana, onde se respecten todos os nosos dereitos, sen vérmonos atacadas pola nosa identidade de xénero ou pola nosa sexualidade”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.